RADIOSESIÓNS

radiosesions
Radiosesións é un experimento grabado cunha minicadea analóxica Aiwa Stereo sobre unha cassette TDK 90´ (regrabada) en dúas sesións (dous días) que foron executadas dun tirón recibindo sinais en onda curta e media da radio do aparato en cuestión. Non vou negar que estiven inspirado neses días, precisamente, por autores que de maneira máis elaborada e con outros medios, efectivamente, efectúan este tipo de experiencias e que presupoño dan un tratamento posterior. No meu caso, polo menos, o unico tratamento que existe é elexir obviamente os extractos que considero máis representativos das sesións unha vez que foron dixitalizados e usar simplemente o corta e pega co programa Sound Studio sen ningún efecto especial máis que as troterías e correrías que me levaron polas ondas, onde quedei marabillado do ritmo que existe nelas. Supoño que a miña ubicación (Ourense) así como o aparato co que xoguei dánlle un orixinal e irrepetible senso. Tamén presupoño que o tempo e a época influirían.
Só comentar por ultimo o campo ilimitado e o universo das ondas para producir ruidos especiais e incluso espectaculares que algunha vez se poden acercar ao considerado como música. E unha advertencia: recomendo escoitar os cortes comedidamente xa que dende logo a min prodúcenme sensacións ás veces agradables mais outras todo o contrario.

INTRO I

INTRO II

INTRO III

INTRO IIII

INTRO IIIII

INTRO IIIIII

INTRO IIIIIII

OUTRO I

OUTRO II

OUTRO III

OUTRO IIII

OUTRO IIIII

OUTRO IIIIII

OUTRO IIIIIII

Etiquetas: