OREMOS

Poemario de minux publicado primeiramente no ano 2007 no Netlabel A Regueifa Plataforma.

“minus bálido nace con ironía e rabia unha volta e outra volta e despois reviravolta.
minus bálido o que non bote. hai que botalos para colocarse ún, senón quedamos calvos e non nos comimos ren.
minus bálido tivo unha páxina rimaforde (ríos mares fortalezas e outras debilidades)
agora integrada na web expoplanetarium.net onde con adri dictamina, sentencia, pedantea este periplo dos palotes calquera.
minus bálido en andar21 a millor web (portal) de poesía galega/internacional onde non sei como foi admitido, a verdade.
minus bálido incomunidade máis que un blog de portugal e minus bálido visualobxectual minus bálido espasmo das redes.
minus bálido a porta verde do sétimo andar.
minus bálido poesía salvaje portal web de festas e redes.
minus bálido poeto, audiobisual, grafista dunha época atemporal.
minus bálido ruidos nos tímpanos e na cabeza.
minus bálido garabatos minus bálido cronista cando olla para o reloxo da sala de espera.
minus bálido para o capitalismo minus bálido para o socialismo minus bálido para o galeguismo.
coma ti ou coma min… coma a roda do muíño!
like a rolling stone. guijarro humilde como tú…
acomplexado pero á inversa.”