Noxxxo 1 e 2

Aquí presentamos os dous números do fanzine noxxxo (con tres xis, non confundir cun outro fanzine noxxo tamén de Ourense de anos antes) dos anos 92 e 93, finais do pasado século. Era un fanzine subterráneo de música (sobre todo punk e hardcore) e de política que xurdiu no centro social okupado de Ourense da época, o “Fogar infantil”.

Naquel intre e agora tamén a música tiña moito que ver con todos os movimentos libertarios e okupas e en Ourense aínda que non se contaba con grupo musical propio na casa okupada si se organizaban numerosos concertos nela e anteriormente na casa da xuventude de Ourense.

Os fanzines están cheos de colaboracións escritas e visuais da xente da Asamblea de okupas e tamén de diversos lugares cos cales mantíñamos correspondencia por motivos como digo políticos e musicais que ao final viñan ser para nós a mesma cousa.

Non lembro da tirada do Noxxxo nº1 pero sí lembro que o número 2 foi proxectado xa daquela como unha especie de preludio do que agora semella ser o crowdfunding ou micromecenazgo, xa que foi enviado a distintos lugares da Galiza e do estado español para que fora editado polas propias distribuidoras, colectivos e grupos e quedar eles e elas co resultado para os seus propios proxectos.

Saúde e que os gocedes!