GALICIAN BISCUITS
Cunha cadencia inequívoca rocanroliana remato o que comezo. E é así, a sucesión de versos arrítmicos cos que destrozo a poesía Entón pregúntome, onde estará o final do labirinto noxento Polo que me retorzo polo que apesta polo que me preguntas polo que me respostas Ocorre que ademáis non estou acompañado na atroz viaxe hacia nada Caio hacia arriba, succionándome ata o esquelete pero envolto ben. Susto esperto e o mal soño esvaécese por un intre… Agora camiño e vexo pantallas con palabras sen sentido que se apagan Pídenme un cigarro, tremendo saco o pito do paquete: é o penúltimo. Ás veces comparo a vida cun paquete de tabaco, pouco a pouco Quedámonos valeiros e o ultimo en desfacerse é o envoltorio, entón? Que din toda esa panda de paiasos sobre a alma? Eu chúpome unha vida ao día pero hai quen ata dúas ou tres. Tes lume?
Dá igual aos colexios aos que nos mandaran Dá igual que fixeramos a mili ou non Dá igual todo ou nada dá igual O que sí non dá igual e o apelido rockefeller.
Vivía nun lugar chamado negro
Planeta de espesura senfin
Roubando cachos metalizados
Ás sombras dos borrachos
Alcancei a total idade da miseria
No abismo de nunca xamáis
Rumbas espidas observan a fervenza Na África de herbas e picos de indefensión Cando todavía recollen o suor dos maniquíes Os esclavos con voz radiofónica e pelo gris. Pipas coas que fumas tila e principios de día Ratas que beben ambrosía da fonte do sol Bafles emitindo salsas pegañentas con tetas Cús vibrantes de mulleres palidísimas casadas Eu agachado, buscando o balón baixo o coche Atropelando formigas, devastando imaxes e rindo Nerviosamente como se se acabara hoxe algo Quizais a gasolina dos surtidores amarelos Ou os mistos desa caixa de colección linda. O caso é que hoxe síntome colgado do tempo Como Harol Lloyd ou como Harold Lloyd. Esta noite négome a nadar en cuspe e ouriños E quero manterme seco e suxo para o baño De mañá, unha vez reflexionado o paradigma roto Con pedras pómez encañonadas nun claustro salmantino. Desbarres que se consumen como porros na túa boca. Apáganse os flotadores virxinais e corte de manga A todos os mércores e sábados, que teñen acento gráfico Eu acento galego!