Expoplanetarium
No marco da Galería Dodo Dadá de Ourense (Liberdade, 32) inaugurouse EXPOPLANETARIUM, unha mostra xa non virtual de obra de Alfonso Rodríguez, un dos cofundadores xunto a Adriana Pérez desta web que foi e é un contedor de obras dos dous autores.
Hai imaxes previas a inauguración, tamén da presentación tan emotiva que fixeron Marita Carmona e Xosé Vilamoure e, como non, da propia inauguración que contou coa resurreción do proxecto WordsNoise de Luis Real Arregui á guitarra eléctrica e sintetizador, Adriana Pérez proxectado e pintando en directo e o propio Alfonso Rodríguez recitando.
A exposición púidose ver ata o 16 de novembro de 2024 e abrangueu máis de vinte anos de traxectoria do autor expoplanetario (colaxe, pintura, libros, foto, vídeo…)
Saúde!























