AZÚCAR GLASS

Segundo libro de Alfonso Rodríguez copublicado coa editora Duendebux no ano 2009.

 

“Se o azucre glass se mestura con oxidantes obtense unha substancia explosiva. O perigo que pode orixinar é con frecuencia subestimado, dado que a mestura pode explotar durante a súa elaboración…”
Wikipedia

Azucar glass é un poemario explosivo, un feixe de poemas sen deus nin canon que rebentan a canle da realidade consensuada abrindo un quebradoiro de liberdade creativa.

A poesía encárnase no mundo real e os poetas teñen a rara vocación de nolo recordar, a súa imaxinación xoga cos refugallos da memoria para crear vida nova…

Alfonso Rodríguez é un activista que tralos muros da dominación, vén laborando arreo nunha fuga,con toda a ferramenta artística de que dispón. Autor de artefactos poéticos nos máis diversos formatos, cunha poética recoñecíbel e actual, a súa é unha voz auténtica e unha referencia para quen aínda sentimos a necesidade de atender a palabra dos nosos poetas.